F.A.D.O.: fuxida, amor, distancia, ocaso
Lucía de Roque, 44, Trabada
O fado levou a Antonia
a ser nai solteira,
a súa beldade conquistou a aquel home
recentemente chegado de Cuba,
con arrecendo de tabaco e promesas de azucre.
Deixou todo,
mesmo ao seu fillo de cinco meses,
partiu con el.
Ese destino levouna a casar,
a ter máis crianzas,
a querer a Antonio na distancia.
A que este fillo collese o vapor Alfonso XIII no 1928
para ir buscala a Camagüei,
máis só puido arribar á Habana,
traballou,
regresou para o servizo militar,
á guerra.
Antonia ficou cega,
o mar quedou no medio,
separando un berce
dunha nai sen fillo.
a ser nai solteira,
a súa beldade conquistou a aquel home
recentemente chegado de Cuba,
con arrecendo de tabaco e promesas de azucre.
Deixou todo,
mesmo ao seu fillo de cinco meses,
partiu con el.
Ese destino levouna a casar,
a ter máis crianzas,
a querer a Antonio na distancia.
A que este fillo collese o vapor Alfonso XIII no 1928
para ir buscala a Camagüei,
máis só puido arribar á Habana,
traballou,
regresou para o servizo militar,
á guerra.
Antonia ficou cega,
o mar quedou no medio,
separando un berce
dunha nai sen fillo.