O Apego
Kiko Karballo, 54, Vilagarcía de Arousa
Tecía na porta da súa casa cando pasou o tren. Encantáballe tecer co seu rítmico traqueteo. Pero aquela tarde, o seu fío quedou prendido no sombreiro dunha vella que asomou a cabeza pola fiestra. Así que Carolina acabou sendo arrastrada polo tren.
Ao principio, pareceulle agradable sentir o vento na cara, pero logo caeu na conta de que probablemente acabaría a centos de quilómetros da súa casa. O máis seguro era que nunca podería volver. Que non chegaría a tempo de ver nacer os seus fillos.
Así é o destino das arañas; por iso teñen que manexar coidadosamente o apego.