CAST / GAL

Desesperanza
Raquel, 48, Madrid

Só se escoitaban as sereas dos vehículos de emerxencia e o zoar dos helicópteros. Ousaría ter esperanza?
Non sabía nada: como de preto ou lonxe estaban o perigo ou a salvación? Esa incerteza era outra peza máis no crebacabezas da súa angustia. Ignorar o que pasaba, co presaxio arrepiante de cómo ía rematar.
Cheiraba a fume. Moito. Cada vez máis intenso, abafante.
Sentía a calor. Moita. Cada vez máis preto, sufocante
Non podía crer que aquí remataba todo. ¿Era este o seu destino?
As sereas achegándose, o lume xa está aquí. A inconsciencia asomando. O mundo desaparecendo. Para sempre?
Compartir: