CAST / GAL

Voar.
Castroverde, 53, Lugo

Finalista

Desde pequeniño sempre soñei con voar. Debuxaba avións, helicópteros...
Pero aqueles desexos comezaron a facerse realidade a partir dun extrano e profundo soño.
Deiteime coa xanela entreaberta á noite. A calor que deixara a tardiña escapaba por aquela fenda deixando entrar o aire fresco que traía a lúa.
Fiquei durmido nun intre.
Notei comezón nos brazos e notei como a pel se desfacía. Dela agromaban plumas brancas. Non me asustei. Ollei os pés que xa eran gadoupas. Levanteime e vin que xa era unha fermosa curuxa branca. E lanceime a voar ao traveso daquela fenda da xanela da noite. Libre.
Compartir: