CAST / GAL

Luns de cambios
O Polbo Manco, 47, San Sadurniño

Tomei a decisión o domingo!

O luns mudaría de vida.

Merquei unha axenda nova para comezar de cero e anotar os meus propósitos.

O domingo foi un ensaio: madruguei máis da conta, pisei a merda do can da do segundo e aínda así, saudei ao roñas do veciño sen protestar.

Merquei o xornal, mais o Deportivense perdera o partido.

A pesar dos pequenos contratempos, deiteime cedo, ilusionado coa chegada do luns e co cambio que agardaba.

Mais, cando soou o espertador, todo seguía igual.

Ata o café conservaba aquel sabor inconfundible a luns rancio de sempre, coma se nada mudase.
Compartir: