A VOZ DO DESTINO.
Javicho, 53, Foz
Finalista
O frío manto da néboa envolvía o bosque, cando unha voz rachou o silencio do amencer.
- Que é o destino? - preguntou o druída.
- A gloria no combate. - contestou altivo o primeiro aspirante.
- O poder e a riqueza. - dixo fachendoso o segundo.
O druída pousou a mirada nos ollos do derradeiro candidato.
- O destino é... o seguinte paso no camiño. - respondeu titubeando.
Escoitáronse unhas gargalladas ao arredor, pero o druída mantívose moi serio, e, tomando a espada que repousaba sobre o altar de pedra, entregoulla cerimoniosamente ao último dos aspirantes, o novo rei.