Aviso legal
CONDICIÓNS DE USO.
GADISA RETAIL SLU, C.I. F. B-15735590 con domicilio social no Polígono de Piadela, s/n, 15300 Betanzos (A Coruña), inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, Tomo 3.357, Sección Xeral, Folio 32, Folla c-24.918, inscrición 16ª.
GADISA RETAIL, como xestor da páxina web, pon a disposición dos usuarios as presentes “Condicións de Servizo e Política de Protección de Datos” en cumprimento do establecido na Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI-CE) e na lexislación correspondente á materia de protección de datos, e concretamente co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril (en diante “Estas Condicións”).
Desde o momento en que vostede decida acceder ao site e navegar por el, está a aceptar sen reserva “Estas Condicións”. O acceso ao site é gratuíto e para navegar por el non é necesario que revele a súa identidade nin que facilite ningún dato persoal.
INFORMACIÓNS SOBRE SERVIZOS.
Este sitio web é unha páxina realizada para recoller a acción realizada por GADISA RETAIL “Concurso de Microrrelatos”. Ademáis de dar información sobre esta acción, e facilitar a participación no concurso organizado por GADISA RETAIL. A información e datos descritos no mesmo son de carácter meramente informativo, rogamos que para confirmar calquera dato se poña en contacto con GADISA RETAIL SLU.
PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL.
O contido e elementos que integran o sitio web, son propiedade ou atópanse baixo o control de Grupo GADISA, estando protexidos, sen limitacións polas leis de propiedade intelectual e industrial do Reino de España e polos Tratados e Convenios internacionais que resultasen de aplicación. A estes efectos, considerarase como contido: as fotografías, textos, eslóganes, deseños, imaxes, secuencias animadas sonoras ou non, así como todas as obras integradas.
GADISA é o titular de todos os dereitos de propiedade intelectual, industrial e análogos que puidesen recaer sobre o sitio web. Quedando reservados a favor do Grupo, todos os dereitos sobre calquera contido e elementos da súa propiedade que se incorporasen no sitio web.
Calquera transmisión, distribución, reprodución ou almacenamento, total ou parcial, precisa o previo e expreso consentimento por escrito dirixido a GADISA RETAIL, excepto cando se indique o contrario.
Os nomes GADISA, GADIS, GADIS HIPER, BEBEGADIS, VIVAMOS COMO GALEGOS, GADISLINE, así como os seus logotipos, son marcas rexistradas propiedade de Grupo GADISA. A reprodución, imitación, utilización ou inserción destas marcas sen a autorización de GADISA será constitutivo de delito tipificado no vixente Código penal.
LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADE.
GADISA RETAIL, resérvase o dereito de modificar as informacións que figuran no presente sitio web, relativas ás características dos seus servizos, en todo momento.
As características dos servizos presentados no web site "www.gadismicrorrelatos.com" son as existentes no momento da súa posta online ou da actualización das diferentes páxinas da web.
Doutra banda, GADISA RETAIL, non pode asumir responsabilidade:
- Pola imposibilidade temporal de acceso ao sitio web nun momento determinado, ou á información concreta de entre os incluídos ou naqueles sitios web aos que o usuario acceda mediante ligazóns de hipertexto situados no sitio web.
- Pola exactitude ou actualidade dos contidos, informacións e ofertas de produtos e servizos fornecidos.
- En ningún caso, GADISA RETAIL poderá ser responsable de problemas directos ou indirectos, de prexuízos materiais, perda de datos ou de programa, prexuízos financeiros, resultado do acceso ou uso do seu sitio web.
No presente sitio web existen informacións simplificadas, ou ben redactadas co ánimo de facer máis fácil a súa comprensión polo usuario medio, polo que GADISA RETAIL, non se fai responsable polas interpretacións erróneas a que poida dar orixe a información aquí presentada, salvo actuación neglixente por parte de GADISA RETAIL, no exercicio das súas funcións.
Así mesmo, as informacións sobre os servizos corresponden á definición do momento da posta online das páxinas do sitio web non son proporcionadas máis que a título indicativo, e non serán consideradas como constituíntes dunha oferta contractual de servizos procedentes de GADISA RETAIL.
GADISA RETAIL non responderá en ningún caso polos danos orixinados como consecuencia de feitos fortuítos ou imprevisibles, nin por aqueles que sexan consecuencia do comportamento neglixente do usuario.
LINKS HIPERTEXTO
A actualización dun link hipertexto cara ao sitio web “www.gadismicrorrelatos.com” necesita unha autorización previa escrita por GADISA RETAIL. Se desexa incluír no seu sitio web un link hipertexto cara a “www.gadismicrorrelatos.com” debe contactar co Responsable do sitio web.
GADISA RETAIL non pode en ningún caso ser responsable da actualización dos sitios web que fan un link hipertexto e non ten ningunha responsabilidade sobre o contido, os produtos, os servizos, etc., dispoñibles nos mesmos ou a partir deles.
POSTA AO DÍA DAS CONDICIÓNS XERAIS DESTA PÁXINA WEB.
GADISA RETAIL, resérvase o dereito de modificar e actualizar en calquera momento o acceso ao sitio web así como as Condicións Xerais desta páxina WEB. Estas modificacións e actualizacións afectan ao usuario no sentido de que debe acudir a esta sección para verificar as Condicións Xerais desta páxina WEB en vigor.
PROTECCIÓN DE DATOS.
O usuario pode consultar e navegar polo sitio web sen revelar a súa identidade nin proporcionar datos de carácter persoal.
Se ben no caso de que o usuario cumprimente de forma voluntaria os formularios do sitio web “www.gadismicrorrelatos.com” aos efectos da lexislación en materia de protección de datos, e do Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril, informamos aos usuarios:
- Que os datos recadados nos distintos sorteos, promocións ou concursos serán tratados coa finalidade de xestionar a realización destes, o que inclúe a organización, control e entrega de premios, estando lexitimada para dito tratamento polo consentimento outorgado expresamente polo interesado. As categorías de datos tratados son os relativos a datos de identificación (como nome e apelidos) e datos de contacto. Os seus datos serán conservados durante o período de desenvolvemento das accións promocionais. Se autorizou o envío de información comercial, trataremos os seus datos mentres non exercite o seu dereito de cancelación.
- Os seus datos persoais poderán ser comunicados a terceiros a través de redes sociais, web ou calquera outro medio que a organización estime oportuno para promocionar o concurso. Da mesma forma, os datos dos gañadores poderanse comunicar as empresas do Grupo Gadis Retail S.L.U coa finalidade de xestionar a entrega dos premios no supermercado Gadis elixido.
- Gadisa Retail utiliza a plataforma MAILCHIMP para o envío de comunicacións comerciais, proveedor situado en Estados Unidos, producíndose unha transferencia internacional de datos a un país non adecuado en materia de protección de datos personais.
- O interesado poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou supresión, oposición, á limitación do seu tratamento ou a portabilidade de datos dirixíndose:
- Por correo postal GADISA RETAIL S.L.U, ubicada no Polígono Piadela, s/n de 15.300 Betanzos.
- Por correo electrónico, ao enderezo lopd@gadisa.es.
Igualmente vostede ten dereito a presentar a súa reclamación ante a Axencia de Protección de Datos. O envío de comunicación publicitarias e/ou comerciais son conformes a Lei 34/2002 (LSSICE).