CAST / GAL

O barco de Teseo
Sergio CH, 50, CANDELARIA (Tenerife)

Ela comezou cambiándolle a camisa. Despois viñeron os amigos, a música, a forma de rir. Máis tarde deixou de fumar, aprendeu a madrugar e a pedir perdón antes de enfadarse. Cando rematou, xa non quedaba nin unha soa peza do home do que se namorara.

Unha tarde atopouna abrazando a outro.

—Non che fun infiel —susurrou—. Só fun cambiando as táboas.

Entón comprendeu que o substituído nunca fora o barco.
Compartir: