CAST / GAL

Menos mal
Mer, 31, Vigo

Buscou á rapaza que se colara na foto dos seus pais no concerto de UB40. Saía detrás deles sorrindo, unha máis da familia. Atopouna. Era a exmoza de Xacobo, un amigo do seu irmán. O amigo contoulle que non era boa tía, unha mentireira de coidado. O irmán non lle aconsellou que a seguise buscando. E menos mal. Un par de semanas despois coñeceu a Lía nun bar de Churruca. Cacarela e paroleira, practicaba unha longa lista de afeccións; entre elas: o photobombing, gustáballe sorrir ás cámaras alleas.
A xente intentara non xuntalos, pero a vida tiña outro plan.
Compartir: