CAST / GAL

Albaradas da alma
MARIA ISABEL, 48, Vigo

Nacín no berce da ira, da ignorancia, espido de compaixón, de agarimo.
Nacín unha noite de verán e, na viaxe que foi o meu existir, levei comigo a vida de tantos e tantas, de tanto… encapricheime dos carballos, calcinei merlos, cucos, miñatos, convertín en cinza o verde do fento, o amarelo das xestas, a pelaxe dos cervos.
Estaba destinado a morrer afogado polas bágoas de cada galego, a morar vestido de tristura no peito de cada home ou muller de Galiza, que sabe recoñecerse en cada árbore, en cada matogueira, en cada pega, en cada andoriña. Nacín lume, fiquei morriña.
Compartir: