CAST / GAL

O ERRE DE REME
Reme, 59, Ourense

Son a ratiña Reme, filla de Ramón e Ramona. Estou no Gadis en busca de raviolis, encargo da tía Rogelia para facer unha comida homenaxe ó seu neto Roi que ven de Romanía. Teño pouco tempo, o supermercado abre nun intre. Estou perdida. Uf!, repolos, remolachas, ravos, ... Baixo a rampa. Dereita ou esquerda? Pensa Reme. Pois de frente. Siiiiii xa atopei as pastas, estantería superior: os raviolis. Non lle chego. Salto, salto, salto. Conseguido!. Raviolis collidos. Toca fuxir. Ábrense as portas. Estou fora, ao lombo levo o encargo e unha gran cantidade de palabras que empezan por “erre”, cantas?
Compartir: