Cambio de hábitos
Moura da Poza, 48, Moaña
Cada sábado pola noite, Ramón saca do fondo do roupeiro medias de rede, boas de plumas e sandalias de alturas imposibles.
Ao principio custoulle terse en pé enriba delas, pero a música e o ambiente axudárono a aprender a manter o equilibrio. Polo menos unhas horas á semana pode esquecer a rutina, aínda que todos os domingos teña que madrugar, que son días de moito traballo.
Mantén o seu segredo e o seu tesouro de brillo e de purpurina agochado tras os traxes de negro rigoroso e algún colariño xa amarelado.