Camiño de Oriente
Vieites, 30, Arzúa
Cando o tren partiu con destino a Oriente os seus camaradas xa durmían nos asentos. Fora unha xornada moi dura e moitas horas sobre os raís. El, apoiou a cabeza na ventá, observando o avión que cruzaba o ceo.
¿Sería o de Papá Noel?
Agora el viaxaba así; eles non podían, Melchor sentía pánico a voar.
E mentres os catro regresaban aos seus máxicos destinos, Baltasar seguiu reflexionando sobre o moito que cambiara o oficio.
É o que ten que os camelos esixan vacacións de Nadal e os renos decidan fundar unha empresa de paquetería.
Os tempos cambian.