Querer voltar
Helena, 45, Lugo
-Vai preparando o piso, avisamos na residencia e para o mes volvo ao meu fogar.
-Mamá, non podes estar soa.
-Claro que podo, tamén estaba antes!
-Como ti digas...
Volver á casa, ao meu fogar, poder facer o que me pete. Na residencia todo son horarios, e todo está organizado a cada hora. Ademais eu xa volvín andar, teño a cabeza perfecta.
Entra a rapaza:
-Adelaida, axúdolle a cambiarse?
-Será mellor, custa traballo agacharse. Axúdame cos zapatos.
-Claro que sí, para iso estamos.
Soa o teléfono, é o meu fillo, acórdate do piso, pero espera dous meses máis.