CAST / GAL

Cambios propicios
Iria Tameiga, 45, Tameiga (Mos)

Cambios soñados que non chegan nunca. Medo a que os cambios impostos polos outros nos coloquen nun lugar máis duro. Cambio de vivenda na busca dun fogar, descoñecidas por amigas coas que empezar de cero. Do vento angustioso que oprime á brisa que desaperta a mandíbula. Farta de ter que ser eu o motor do meu propio destino. Esforceime moito. O único que fixeron os que non facían nada é meterse comigo. Circunstancias novas propicias. Que o camiño xurda onde parece haber só un denso eucaliptal. Un camiño polo que sexa fácil transitar, asombrado por carballos xenerosos no verán solleiro
Compartir: