CAST / GAL

Afouteza.
Patricia, 47, Pontevedra

Xente entre muros derrubados, esperando, quedos, non queren perder a esperanza pero se lles acaba, pasa o tempo, e cada vez custa mais. Un asubío chega dende lonxe e devólvelles o folgor os pulmóns, gritan canto poden para ser escoitados a través dos escombros, chorando e rezando pra seren escoitados, de súpeto un grito, o lexos, que pide silencio na rúa e unha palabra a quenes están soterrados, unha risa nunha cara enchida de pó e un berrido de alivio. De seguido, un burato deixa pasar a luz e hai unha voz o outro lado que di “xa vamos”.
Compartir: