CAST / GAL

Fillos, lóstregos
RBC, 52, Pontevedra

Coma se fose un lóstrego, de pronto algo reloce na túa vida pero aínda está lonxe. Pasan nove meses e por fin chega o esperado trono, pero é máis ca iso, é unha explosión, unha explosión que endexamais cesará.
Cando son bebés porque teñen gases, despois porque están toliños cos dentes, máis tarde é a adolescencia, sacan o carné de conducir e queren o coche e finalmente, son adultos e parece que independentes pero necesitan dos avós. E sen embargo sorrín e todo o noso mundo se paraliza, nada nos fai máis felices que ser pais.
Compartir: