CAST / GAL

Anxo da Garda
Franz, 32, Ordes

“Será cousa do demo, Alana. 30 anos e en paro. Pero o que é para ti xa chegará.” – dixo a súa avoa. Facía uns días tivera una entrevista de traballo para un posto en Madrid e tiña que ir alí á unha segunda entrevista. Chegado ó día, saíu da casa con présa, colleu un taxi e decatouse de que esquecera o móbil cos billetes do voo. “Lévame ó aeroporto” converteuse en “Lévame á casa”. Nese intre sentiu a voz da súa avoa: “Queres kiwis, Alana?”. Si, quero e máis quérome quedar en Galicia. Grazas.
Compartir: