Onte
Sol, 50, A Coruña
Onte, eras un neno. Alegre e falangueiro, escachabas coa risa case sen vir a conto, coas carantoñas que che facía o teu pai. "E aínda terás unha resposta para todo", dicíache a avoa, con orgullo. "Seica vas para avogado?", preguntou onte o avó. —"Lémbrate de defender os litixios dos pobres", engadiu despois. A avoa, fai uns anos que te mira dende o alto. Disque nunca antes un avogado houbera na familia. Cregos, sí. O seu curmán Afonso era fillo de crego. "Heiche facer un regalo se rematas a carreira enteira", prometeuche o avó. "Estás Feito un home, xa na Universidade".