Non volverei ao meu corpo
Marina, 26, Vila de Cruces
O meu cambio, froito dun acto imprescindible como comer, instalouse en forma de dor. Se tivese unha máquina do tempo volvería ao dez de xullo de 2021. Non evitaría unha intoxicación alimentaria, senón a súa consecuencia: que o meu corpo enfermase para sempre. Faríao para evitar unha enfermidade crónica que me obrigou a sobrevivir e que converteu a comida na miña inimiga. Con todo, gústame demasiado estar viva e agardo a que se produza outro xiro, esta vez para recuperar a vida que tiña antes daquel xantar de xullo.