CAST / GAL

O NÁUFRAGO
Ramón, 62, Ourense

Pasou de mariñeiro a náufrago en pouco tempo e, agarrado a unhas madeiras, mecido polas correntes, chegou a unha fermosa praia. Tras descansar polo esforzo no mar, explorou aquela illa deshabitada e con abundante vexetación. Fixo unha cabana bastante confortábel e, mentres a construía, viu pasar un barco e, máis tarde, un helicóptero; polo que escribiu, asustado, unha mensaxe nun anaco de papel, meteuno nunha botella e chimpou esta ao mar. Era breve; só poñía: "Deixádeme en paz, cabróns!". Aquela era a súa oportunidade de ter un cambio radical de vida e non ía deixar que lla estragasen...
Compartir: