CAST / GAL

O serán
María Do Patelo, 53, Santiago De Compostela

Aquela noitiña non tiña nada especial que facer; quizais continuara lendo o libro que tiña na miña mesa de noite. Non era unha grande novela inesquecible, mais deixábase ler.
Xa tiña o libro na man, cando escoitei o son do teléfono móbil solicitando a miña atención. Pousei a novela no meu colo e collín.
Era a miña amiga Carme, respondinlle rapidamente, claro que podía ir con ela ao baile. Non debía preocuparse, ela non iría sen parella, para algo están as amigas.
Recolleume á hora pactada, chegamos nun virar da man.
De súpeto, estaba nun serán, festa rachada sen parar.
Compartir: