CAST / GAL

O destino chega por correo
Ani, 24, Lugo

Non se podía esquecer de ir á festa, mais, ao mesmo tempo, era consciente de que, tras aquel accidente, era incapaz de reter nada na memoria durante máis de 24 horas. Entón, como podía facer para lembrarse?

Esa mesma tarde saíu decidida da casa. Cando chegou á caixa do correo, dubidou se deixar ou non a carta. Líaa unha e outra vez polas dúas caras. Calquera pensaría que estaba tola, pero era a mellor opción. Non podía permitirse esquecer o seu propio aniversario e, como escapar do seu destino cando era a destinataria do mesmo?
Compartir: