Botando raíces
Ritxy, 39, OURENSE
A ela tocoulle destino nun ambulatorio rural; eu fun con ela, sen saber ben por que.
O cartel do bus marcaba un nome que xa esquecín, pero parecía que chegabamos a outra vida, a outro tempo.
Mentres ela curaba dores e escoitaba soidades, eu collín traballo como xornaleiro, botando unha man nas leiras a quen xa non tiña forzas.
Ás veces falabamos de voltar. Pero sen decatarnos, estabamos a botar raíces.
Un día, o señor Antonio díxonos: “Aquí todo tarda...pero cando chega, queda.”
E entendemos que o destino non é sempre o que agardas, senón o que chega, sen máis.