CAST / GAL

Cambio de vía
Breogán González, 43, Fene

O tren non descarrilou. Só mudou de vía. Durante uns segundos todo vibrou, as maletas caeron e algúns pasaxeiros berraron. Agarrouse ao asento convencido de que aquilo era o final. Despois volveu o silencio. Décadas despois, mentres observaba pola xanela unha paisaxe dende outro tren, entendeu que aquel desvío non lle estragara a viaxe, senón que o levara cara ao seu verdadeiro destino.
Compartir: