CAST / GAL

As andoriñas non choran
Frances, 32, Ordes

Paseando pola aldea, Amadeu decatouse de que todo lle era coñecido pero á vez, diferente. O río era un patio de xogos e agora medraba alí de todo menos a imaxinación infantil. As corredoiras estaban ben definidas e agora escondíanse entre fentos e xestas. Unha bágoa esvarou pola súa meixela. Con todo, a aldea tiña un elemento de permanencia e acougo. Pensou: Quen ama a vida, ama o cambio. As andoriñas non choran cando chega o inverno. Simplemente marchan a lugares máis cálidos pero coido que volven porque aquí hai algo que non atoparon alá.
Compartir: