CAPITULACIÓN
Haiku Diletante, 46, Vigo
Un bico. Un accidente.
Como o boxeador que bate seguro, ata que lle toca encaixa-los golpes recibidos. Un por un, atravesando os desafíos da vida como os obstáculos que salta un atleta.
Rompendo as dinámicas fugaces do namoramento e das pequenas ilusións transitorias.
Un bico. Un accidente. Un bucle permanente.
Soños e ideas regados de forza, e sucesos e desafíos que xeran fraqueza. Chanzos dunha escaleira de Escher.
Subxectividades perturbadoras e detalles motivadores. Experiencias en ascensión.
Unha pausa instantánea. E ó final?
O desenlace teatral, sen pegadas nin épica. Unha caída...a definitiva.