Sen eles non
Elena, 14, As Pontes (A Coruña)
Vou no coche cos meus pais, vamos a unha competición de natación. De súpeto, escoito un forte ruido, e despois todo é negro. Desperto nunha habitación completamente branca, conectada a unha marea de cables. Vexo a unha enfermeira ó fondo e chámoa.
—Espertou a rapaza! —exclama ela.
—Ola! Pode vir alguén? —pregunto eu.
—Un segundo —pide a enfermeira e, despois, engade, pensando que non lle escoito—. Ela é a filla dos falecidos no accidente.
Non penso nada máis. Despois de escoitar iso, descontrólome e arráncome todos os cables.
—Non! Reforzos, rápido! —é o último que escoito. Xa non queda nada.