CAST / GAL

OFERTAS DE AMIZADE
MIRIAM SÁNCHEZ LÓPEZ, 32, Bergondo

O 27 de agosto de 2015, unha feiticeira lle vaticinara a Gladis que, nunha década exacta, unha amiga da infancia lle faría unha suculenta oferta que ía pasar por alto. Dez anos máis tarde, mentres Gladis facía a compra, reparou en que as galletas María, que tomaba de pequena, custaban a metade do habitual. “É o destino!”, pensou, lembrando aquel vaticinio e ignorando un WhatsApp entrante de Gloria, no que a avisaba dunha entrevista para un posto de encargada de planta que encaixaba á perfección co perfil da súa amiga da infancia.
Compartir: