CAST / GAL

Mudanza
Ainara Sueiro, 18, Pontevedra

Cando chove, abrir a fiestra é o mellor conxuro para regresar ao pobo: volven a horta, a néboa sobre o monte, o crepitar da leña na cociña, a empanada de polbo da avoa, os rechouchíos dos paxaros, as silveiras acariñando o camiño de terra, o repenique das campás a cada hora para non perderse na inmensidade do verde...

Pero non é a choiva quen trae de volta o cheiro da infancia, sabías? Tráeo a terra. Xeosmina, chámase. Que palabra tan fermosa...

Non consigo ser nena nesta gran cidade.
Compartir: