CAST / GAL

Cambios de estado
Carla, 35, Salvaterra de Miño

Fixou o móbil no soporte do coche.

En directo: un espectador.

Premeu cinco veces o botón lateral. Soaron tres tons.

—Emerxencias. En que podo axudala?

Maggie tripou o acelerador.

—Un accidente —murmurou. Compartiu a localización e cortou a chamada.

Pechou os ollos e soltou o volante. A estrada virou cara á dereita. O coche non. A dopamina durou sete segundos exactos. Despois, o mundo cambiou de estado. A pantalla crebada caeu diante dela. Maggie abriu os ollos, pero xa non se podía mover.

En directo.

O mundo apagouse, pero o contador de espectadores seguía medrando.
Compartir: