Fuxida imposíbel
David Castro, 38, Lugo
Mudou de barrio, de vila, de país, incluso mudou de continente. E nada, todo seguía igual.
Pensou, xa desesperado, en mudar de planeta pero o presuposto esgotárase.
Mantivo a esperanza, non había motivos para pensar nunha conspiración.
Cando volveu suceder derrubouse. Estaba atrapado.
Buscou solución na literatura máis oculta e arcana. Alguén se atoparía con algún problema semellante nalgún momento da historia da humanidade.
Meteuse no libro. Fisicamente. Mudou de realidade. Iso si que era un cambio!
Pasou trinta días marabillosos descubrindo un universo de fantasía. Pero traxedia. Tamén alí tiña que pagar o alugueiro. Hai cousas que non cambian.