CAST / GAL

Os fíos opresores
Mari, 64, Pontevedra

“Ti es un escravo e morrerás sendo un”.
A partir de entón fuxín daquela verdade o resto da miña vida. Visitei cidades, coñecín xente, posuín terras e instalei. Tiven unha muller e unha familia extensa.
Co mesmo orgullo co que preguntei unha vez ao meu mestre, volvín facelo. Perdín todo dun golpe. Familia, respeto, honra, traballo, dignidade e orgullo.
Morrín mártir, fuxindo do innegable: son un monicreque, e o destino é o meu titiriteiro.
Compartir: