CAST / GAL

Pegadas
María do Eugenio, 49, Porto do Son

Case cen verbas, unhas poucas cores tinguindo a paisaxe nun cadro. Na imaxe dúas amigas, Teresa e María. Un cambio, un xiro, a evolución, a inexorabilidade da vida. Un camiño na natureza, a compaña dos recordos gardados con esmero nun recuncho da memoria. Persisten nembargantes na miña alma as pegadas naquel vieiro inmortalizado nun lenzo ós pés do teu leito compartindo a túa viaxe cara o alén na túa hora postremeira. Xa non estás aquí. Herdei o cadro e con él os pousos dunha amizade inmarcesible, allea incluso o cambio mais drástico da vida, o da mesma morte.
Compartir: