Doménico e o destino enlatado
Raquel, 50, Arteixo
Doménico entrou no Gadis coma un felino con propósito. Escapoulle á súa humana coa bolsa da compra e, guiado polo olfato, localizou o lineal de latas gourmet.
Ao dobrar o corredor… Arturo, o primo.
Miaron. Rabuñaron. Vixiáronse.
Unha empregada ofreceulles unha mostra. Só unha.
Doménico, veloz, atrapouna coa elegancia dun deus exipcio.
Arturo quedou lambendo o aire.
Foi daquela cando Doménico comprendeu que o destino non é sorte senón que é estar no lugar axeitado, coa garra lista e con fame.