CAST / GAL

O meu avó
Adansonia, 27, Sada

A súa esencia deslízase entre os recunchos que eu habito. Pecho os ollos e aparece: atópoo nos soños, na claridade infinita do ceo, no azul que tenta imitar os seus ollos e sempre queda curto.
As palabras dos demais o debuxan na miña mente. Recoñézoo nunha nube que se creba en luz, nun río que corre cara el, nas árbores que se inclinan buscándoo.
O destino atravesa a vida e únenos onde os reloxos non entenden o tempo. Quizá o destino sexa iso: permitirnos amar a quen nunca tocamos, permitir que o amor salte anos, corpos, vidas.
Compartir: