CAST / GAL

Noces nun mar de negrura
David, 37, Pontevedra

Saíu do supermercado pensando nos produtos da súa terra. As árbores espidas lembráronlle as castañas evocadas polos avós en Suíza. Un mar de negrura cobría os prados da granxa leiteira de seus pais, pechada por non ser competitiva, antes de marchárense á capital. A que reconvertera para facer queixos ecolóxicos coa súa parella. Non se salvou neste agosto maldito.
Mirou as noces caídas prematuramente diante da marquesiña, e pareceulle flotar nunha desas cascas no temporal.
Meditou nos erros pasados e no futuro.

Deulles a comida ós cativos.
Enterrou coidadosamente unha noz e entraron na estación. Quizáis eles tamén volvan.
Compartir: