CAST / GAL

AGARDANDO O DESTINO
MOUCHO, 58, Ourense

Finalista

O avó sempre dicía que estaba destinado a vivir un século e ser enterrado nunha caixa de carballo.
O verán que cumpría 100 anos, o lume queimou todas as árbores da contorna. Entón o avó negouse a morrer. Prantou un pequeno esgallo e adicouse a coidalo, ata que tivera madeira para facer un cadaleito.
Don Servando, detívose a ver como regaba aquela pola de poucos centímetros.
Non quero ser agoireiro, díxolle, pero ¿ti sabes o que tarda en medrar un carballo?
Moito, señor cura. Pero se o destino di que hai que agardar, non lle penso meter presa.
Compartir: