CAST / GAL

Luar 3000
Lois Anxo, 55, Santiago de Compostela

Ano 3000. Luar segue vivo.
A TVG foi engulida por K.I.R.O., emisora cósmica que transmite dende a Estación Espacial Xacobea, orbitando entre Cedeira e Xinzo coma unha procesión de satélites con forma de sanandresiños.
Gayoso, convertido en conciencia eterna, nunca erra nunha chamada, nin perde o peiteado.
Cada venres, Carmiña de Lousame prende a vella tele analóxica, agochando baixo a chave o P.A.M.P.I.N., que lle sabotea o sinal xusto no sorteo.
Cando volveu gañar murmurou:
—Se este é o meu destino, que rebente o cosmos, pero que non me falte Gayoso.
Compartir: