CAST / GAL


P, 52, Vigo

Abaixouse para non tropezar, antes de golpear a bóla que facía de balón. Amalloou as zapatillas coa afouteza e a valentía propias da adolescencia acabada de estrear, e ao se erguer, xa era adulto e había unha guerra. Entón agachouse de novo, para ver se a guerra desaparecía, tan rápido como xurdira, mais non topou o pé da zapatilla desanoada. Daquela, e por primeira vez na súa vida, entendeu os cambios que provocan as persoas adultas.
Compartir: