Mudanza
Jacobo Vieites, 31, Arzúa
A través da ventá da nave vin afastarse o que fora o meu fogar. Alí construímos unha vida que nunca nos pareceu suficiente ata que a deixamos atrás. Agora era só un recordo consumido pola nosa avaricia.
Aterrei en Marte. O cambio metía medo. Mais, antes de que o po se pousase, xa os vía correr, discutir e marcar parcelas. Uns querían fábricas, outros piscinas, outros máis terra da que precisaban.
Mirei os restos da Terra entre o ceo vermello e comprendín que o que máis temía non era o novo planeta. Era que nós non fósemos capaces de cambiar.