Unha moeda, dúas caras
Alexita, 25, Marín
Era como verse no espello. O mesmo cabelo, os mesmos rasgos, os mesmos ollos. Pero diferente uniforme, diferentes ideas, diferentes lealdades.
Ao seu redor, os ruidos apagáronse e o tempo parou, como querendo que ese instante durase para sempre. Elas tamén o desexaban. Sempre foran conscientes de que ese momento ía chegar, de que nalgún momento, o enfrontamento entre os distintos bandos que dividiran o seu reino ía volver xuntalas. Rezara para que non chegase a suceder.
-Este é o noso destino – sorriu a súa xemelga -. Debín imaxinalo.
Alzaron as armas á vez. Ningunha das dúas o contaría.