CAST / GAL

Homes esquecidos
Gazapo, 53, Lugo

No centro comercial había un corredor que ninguén parecía ver. Ana descubriuno o día que perdeu de vista ao seu home mentres facía a compra.

Ao final do corredor, unha sala enorme iluminada por luces cálidas. Decenas de homes sentados en sofás idénticos, ollando revistas vellas ou contemplando o teito coa paciencia de quen xa non agarda nada.

—O seu home está rexistrado? —preguntou unha muller cun lapis no pelo e unha carpeta interminable.

Ana asentiu. Mostráronlle ao seu home, adormecido diante dun acuario.

Ao saír, leu o letreiro da porta: “Depósito de maridos extraviados”.
Compartir: