ESPERANZADA
Agata Triste, 70, SANTIAGO DE COMPOSTELA
O elefantiño de cor terrosa escura (antes tricolor) cambaleaba nas diminutas mans da súa dona Randa. Ela camiñaba entre os cascallos cun ritmo lento e errático buscando vida: a súa.
As seguintes semanas que pasou inconsciente naquel hospital (tan supervivente coma ela), Randiña nunca quixo espertar nin soltar a trompa da súa mascota. Os médicos, por máis que o intentaron non conseguiron motivar á nena coa psique moribunda.
O cambio produciuse cando outro orfo da guerra, sen permiso ningún, entrou coma unha centella no seu cuarto e a encheu de babas húmidas.
_¡¡Khalil!! ¡Canto tardaches! Estábate esperando. _Vés soíño?