CAST / GAL

Fogar
S, 28, Cambados

A miña casa cheira a empanada de mazá e a colonia da miña nai. As mesas visten manteis de Portugal, de galos e de azulexos. As camas sempre están feitas por se veñen invitados; e a vaixela de gala no aparador, esperando ser usada. Na casa, sempre hai leira, e escóitase o galego con gheada e seseo.

Meu pobo cheira a mar, e sabe a viño Albariño. Os atardeceres visten o ceo de cor laranxa. A xente ten engurras de expresión, que reflicten o traballo de anos, entre aparellos de pesca e anciños de mariscar.

O meu destino, é Galicia.
Compartir: