PUNTUALIDADE
Reirrei, 70, Cangas do Morrazo
PUNTUALIDADE
As dez menos vinte e a xente a esperar fóra.
Algunhas levamos enfeitándonos dende as tantas para presentar o mellor aspecto posible. Algo que cada día resulta máis difícil, por certo. Pensades que alguén nolo recoñece...?
As dez menos cuarto e este sen chegar!.
O señorito agora é funcionario e fai o que lle dá a gana... Hai anos non era así. Cando era eventual, chegaba antes da hora.
Aquí hai xente fixa, con moitisima antigüidade e foron darlle o chollo a el. Seguro que tiña enchufe...!
As dez menos...! Señor enterrador, que horas son estas de chegar...?