Regreso ao mar
Mala Fernández, 66, Ames
Na peixaría resplandecían os peixes. Uxía, collida da súa nai, aprendía os nomes: maragotas, sargos, xoubas, robalizas…
Elixiron un rosado ollomol. Ao abrilo, a peixeira atopou algo incríbel: coma nun roscón da Pascua, apareceu un soldadiño fachendoso.
- Mamá... cóntame de novo aquel vello conto.
Escoitou a historia. Colleu unhas tesoiras, cortou con agarimo unha das pernas da figuriña e aquelou o homiño ao conto.
Deixouno na praia, e foi así, da man da nai e coa axuda do destino, como o soldadiño regresou ao mar.
Uxía sorría, radiante: Si... el poderá achar á súa preciosa bailarina de papel.