CAST / GAL

Non
Patricia, 45, 15310 Teixeiro (Curtis - A Coruña)

Que paradoxal semellaba! Acodir a terapia tódolos días para aprender a dicir "non", a pesares de ser a palabra que máis pronunciaba ao longo do día. Navia sempre empregaba o mesmo monosíbalo ao comezar unha conversa, ao berrar ordes aos seus fillos ou cando non tiña resposta para algunha pregunta. Mais, non era quen de dicilo cando alguén lle pedía algo, se o seu xefe lle suplicaba axuda e amoreaba máis traballo enriba da súa mesa ou ao quedar soa na casa mentres o seu compañeiro saía. Sería ese negativismo tan presente o que estaba a marcar o seu destino?
Compartir: