A CHAVE
MARISA SAN, 68, Nigrán
A muller con xesto nervioso, remexía no bolso buscando a chave mentres chegaba ao portal… Recordou que lle quedara na mesa da cociña, apurou a marchar antes de que o seu home se erguese e volvese a montar cristo de novo. E agora, inda por riba, outro lío por culpa da chave… "Sempre tes que facer algo mal”, repetía continuamente.
Claro que, quedou pensativa un rato e ao momento algo mudou dentro dela e un gran sorriso apareceu na súa cara mentres continuaba rúa abaixo ata a parada do bus.
Esta vez xa non volvería… . ¡Non tiña chave!