O NOSO PROPIO DESATINO
Carmen Villar Alonso, 51, Santiago de Compostela
Eramos unha familia modesta, pero tamén molesta. Todos os veciños se queixaban do barullo que armabamos ao xuntarnos.
Eran cousas da avoa: o clan enteiro vivía na súa casa e obrigábanos a rir, fose como fose.
Os pobres non temos moito de nada, pero fame hai para repartir. Empezou todo unha mañá, cando a avoa atopou unha mazá e decidiu entregarlla a quen contase o mellor chiste. Eramos tan pobres que tiñamos que sortear as mazás, pero como riamos mentres!
Por iso, a avoa sempre me chiscaba un ollo e dicía que nós non tiñamos un destino, senón un desatino.